Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28292

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación do saneamento da Lagoa (expediente OA-05-2015).

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Nº de expediente: AO-05-2015.

1.2. Obra incluída no POS 2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: saneamento da Lagoa. Ouces.

b) Lugar de execución: concello de Bergondo.

c) Prazo de execución (meses): 4 (catro).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.

4. Orzamentos de licitación:

A. Valor estimado: 207.289,74 €; B. IVE (21 %): 43.530,85 €; Importe total: A+B: 250.820,59 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do precio de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

Clasificación indicativa para os efectos do disposto no artigo 65.1.a), parágrafo 2º do TRLCSP: grupo E; subgrupo 1; categoría d.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do derradeiro día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na claúsula 12 do prego-tipo de claúsulas administrativas particulares que deberán rexer para a contratación mediante procedemento aberto (cun único criterio de valoración: factor prezo) das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais (BOP nº 103, do 1.6.2012), substituíndo a documentación que hai que presentar no sobre A pola declaración responsable segundo o modelo que figura no expediente e publicado no perfil do contratante.

d) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.

2º. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

3º. Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 13.00 horas.

10. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es

11. Gastos dos anuncios:

Serán de conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego-tipo e no cadro de caracteristicas do contrato.

Bergondo, 1 de xullo de 2015

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa