Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28289

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de licitación do contrato de espectáculos e eventos nas Festas do Cristo do ano 2015.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello do Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría/Contratación.

c) Obtención de documentación e información: Secretaría.

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Domicilio: praza do Concello, 2.

3º. Localidade e código postal: O Barco de Valdeorras, 32300.

4º. Teléfono: 988 32 02 02.

5º. Telefax: 988 32 04 06.

6º. Enderezo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.concellodobarco.org

8º. Data límite de obtención de documentación e información: a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: P/1/2015/PA.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: privado.

b) Descrición: organización e prestación dos servizos de ocio, culturais e deportivos que se definen no prego técnico, no marco da organización das Festas do Cristo do ano 2015.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución: Concello do Barco de Valdeorras.

1º. Domicilio: o sinalado no punto 1.

2º. Localidade e código postal: o sinalado no punto 1.

e) Prazo de execución/entrega: do 11 ao 15 de setembro de 2015, ambos inclusive.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 92312000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: único, o prezo.

4. Valor estimado do contrato: 86.515 € (oitenta e seis mil cincocentos quince euros).

5. Orzamento base de licitación: 86.515 €.

a) Valor estimado: 71.500 €.

b) IVE: 15.015 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva (5 % do importe de adxudicación, IVE excluído).

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ao da última publicación deste anuncio no DOG, BOP de Ourense ou no perfil de contratante do órgano de contratación.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Concello do Barco de Valdeorras.

2º. Domicilio: o do punto 1.

3º. Localidade e código postal: o do punto 1.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: o do punto 1.

b) Localidade e código postal: a do punto 1.

c) Data e hora: segundo os pregos. Anunciarase no perfil do contratante do concello.

9. Gastos de publicidade: son por conta do contratista adxudicatario ata 1.000 euros.

10. Outra información:

a) Forma e medio de consultar o prego administrativo e técnico: a través do perfil de contratante do concello na páxina: www.concellodobarco.org

O Barco de Valdeorras, 12 de xuño de 2015

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde