Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada do servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial, provincia da Coruña (clave OH.915.1078.SV).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.915.1078.SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es , por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial en Augas de Galicia, provincia da Coruña.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S92, do 14 de maio de 2014; Diario Oficial de Galicia núm. 93, do 16 de maio de 2014, e Boletín Oficial del Estado núm. 123, do 21 de maio de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 816.697 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 408.348,50 euros. Importe total: 494.101,68 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29 de abril de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 22 de maio de 2015.

c) Contratista: Norprevención, S.L. & Normansys, S.L., Unión Temporal de Empresas Ley 18/1982.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 289.900 euros. Importe total: 350.779 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia