Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de xuño de 2015 pola que se notifica a resolución de liquidación provisional dos gastos de execución subsidiaria da orde de demolición ditada no expediente 107B 2001/80-4, devolta polo servizo de Correos por resultar a entidade destinataria ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 28 de maio de 2015, resolución pola que se acorda a aprobación da liquidación provisional de gastos de execución subsidiaria a custa da entidade Las Cinco Jotas de Galicia, S.L. da orde de demolición ditada no expediente 107B 2001/80-4.

Ao non poder realizarse a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á entidade interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á entidade interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación de resolución á entidade destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística