Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29817

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se inicia o trámite de competencia para o outorgamento da autorización administrativa do ramal de subministración de gas natural en 10 bar a Foz.

Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a solicitude relacionada no cadro seguinte inicia o correspondente trámite de competencia.

Datos da solicitude

Empresa solicitante

Gas Galicia SDG, S.A.

Contido da solicitude

Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública

Tipo de instalación

Ramal de distribución de gas natural

Denominación do proxecto

Proxecto de autorización e execución de instalacións da antena de aproximación en MOP 10 bar

Finalidade da instalación

Subministración de gas natural á rede de distribución do núcleo urbano de Foz (Lugo)

Trazado do ramal

Discorre na súa totalidade polo termo municipal de Foz. Arranca na saída da posición 04 do gasoduto de transporte básico da Mariña lucense (instalada no municipio de Foz), discorre por zona expropiada desta posición e, posteriormente, por vías de titularidade pública ata chegar ao núcleo urbano de Foz, onde se conectará coa futura estación de regulación e medición (ERM), acadando unha lonxitude total de 1.715 m

Ábrese un prazo de trinta (30) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:

– Outras empresas distribuidoras de gas natural poidan presentar solicitudes en concorrencia con esta solicitude de Gas Galicia SDG, S.A.

– A empresa Gas Galicia SDG, S.A. poida completar, se o considera oportuno, a súa solicitude.

O trámite de competencia resolverase a favor da empresa cuxo proxecto obteña a maior puntuación, tras a súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 7 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas