Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30439

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 29 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do Programa de activación para o emprego regulado polo Real decreto lei 16/2014, do 19 de decembro, correspondente ao exercicio de 2015.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia do martes, 9 de xuño de 2015, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 22302, no artigo 7. Execución das accións formativas, onde di: «A execución das accións será realizada directamente polo centro ou entidade beneficiaria, sen que poida subcontratala con terceiros, agás a avaliación e control. Para estes efectos, a contratación de persoal docente para a impartición da formación subvencionada por parte do beneficiario non se considera subcontratación.», debe dicir: «A execución das accións realizaraa directamente o centro ou entidade beneficiaria, sen que poida subcontratala con terceiros. Para estes efectos, a contratación de persoal docente para a impartición da formación subvencionada por parte do beneficiario non se considera subcontratación.».

Na páxina 22326, no artigo 22. Xustificación dos custos de avaliación e control da calidade da formación, onde di: «Cando se refiran a persoal alleo ou á empresa subcontratada xustificaranse segundo os criterios e directrices definidos para o persoal ou a empresa externa docente, respectivamente.», debe dicir: «Cando se refiran a persoal alleo xustificaranse segundo os criterios e directrices definidos para o persoal externo docente».