Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente OU-38/2015 RE en materia de residuos.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi acordado pola instrutora. A súa eficacia queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da sección xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 14 de xullo de 2015

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-38/2015 RE.

Denunciado: Iacov Ghinea.

Acto notificado: proposta de resolución.