Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos, por prezos unitarios, de tradución e interpretación para a Administración de xustiza en Galicia, mediante procedemento aberto e tramitación urxente.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SEXU 20-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22283

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizos, por prezos unitarios, de tradución e interpretación para a Administración de xustiza en Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 79530000-8 (servizo de tradución)- 79540000-1 (servizo de interpretación).

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 60, do 30 de marzo de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 252.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 120.000,00 €. Importe total: 145.200,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 4 de xuño de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 30 de xuño de 2015.

c) Contratista: Ofilingua, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 120.000,00 €. Importe total: 145.200,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza