Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2015, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto, multicriterio, suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado e tramitación ordinaria, para a adquisición e instalación de equipamento electromédico e mobiliario de hospitalización con destino a hospitalización experimental do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, cofinanciada pola Unión Europea nun 80 %, no marco do Proxecto Hospital 2050 do programa operativo Feder Fondo Tecnolóxico 2007-2013 (6 lotes) (expediente AB-SER2-15-012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Montaxe e Equipamento.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.

5º. Telefax: 881 54 86 11.

6º. Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7º. Páxina web onde se pode obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER2-15-012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación de equipamento electromédico e mobiliario de hospitalización con destino ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

c) División por lotes e número: 6 lotes.

d) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

e) Prazo máximo de entrega: 45 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada na pluralidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato: 534.956,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 534.956,00 €.

Orzamento con IVE: 626.803,76 €.

6. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento de licitación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 2 de setembro de 2015.

b) Documentación que cómpre presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Admisión de ofertas conxuntas: non se admiten.

g) Outras informacións: toda información relativa ao expediente se fará pública na páxina web que se cita neste anuncio.

9. Apertura das proposicións: a data, hora e lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28.7.2015.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos