Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de licitación por procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración, do contrato mixto de subministración e obra para a sinalización do núcleo urbano e doutras parroquias.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a colocación e subministración de sinais de indicación na capitalidade do municipio e de colocación e indicación/orientación en diversas parroquias.

b) Nomenclatura CPV-2008: 44423400-5.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: 6 meses contados desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multiplicidade de criterios de valoración.

4. Orzamento: 144.565,65 euros (orzamento de licitación 119.475,74 euros máis 25.089,91 euros que corresponden ao 21 % de IVE).

a) Revisión de prezos: non procede.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Departamento de Secretaría do Concello e no perfil de contratante www.concellodearzua.org.

b) Domicilio: rúa Santiago, nº 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00/981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

8. Criterios de valoración:

• Criterios de valoración avaliables mediante xuízos de valor:

a) Programa de traballo: ata 15 puntos.

b) Programa detallado de actuación ambiental: ata 10 puntos.

c) Medios técnicos e materiais adscritos á realización dos traballos: ata 10 puntos.

• Criterios de valoración avaliables de forma automática mediante aplicación de fórmulas:

d) Instalación de sinais ofertados a maiores das especificadas no proxecto: ata 40 puntos.

e) Oferta económica: ata 25 puntos.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no último dos dous boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Domentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 11 nº 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.

10. Apertura das ofertas:

A mesa de contratación, ás 10.00 horas do 3º día hábil seguiente a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos sobres A. A data de apertura do sobres B (en acto público) anunciarase previamente no taboleiro de anuncios do concello e no perfil do contratante nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.500 euros.

Arzúa, 27 de xullo de 2015

José Luis García López
Alcalde