Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto, adxudicación baseada en multicriterios e tramitación anticipada e ordinaria, para a contratación do servizo de mantemento dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e a subministración enerxética prestacional do Complexo Administrativo de San Caetano.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SESE 03.PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21775

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de mantemento dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, que figuran no anexo I do prego de prescricións técnicas e da subministración enerxética prestacional do Complexo Administrativo de San Caetano.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 50700000-2 Servizo de reparación e mantemento de edificios.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 20 de xaneiro de 2015, BOE do 9 de xaneiro de 2015 e DOUE do 29 de decembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 19.415.142,25 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 11.766.752,88 €.

Importe total: 14.237.770,96 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26 de xuño de 2015.

b) Data da formalización do contrato: 15 de xullo de 2015.

c) Contratista: Concentra Servicios y Mantenimiento, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 11.178.415,24 €.

Importe total: 13.525.882,44 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica de la Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza