Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de atención e información á cidadanía na Xunta de Galicia (teléfono 012).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SESE 09-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22252

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de atención e información á cidadanía na Xunta de Galicia (teléfono 012).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 75110000-0 servizos públicos xerais, 79510000-2 servizos de contestación de chamadas telefónicas, 79511000-9 servizos de operador telefónico, 79512000-6 centro de chamadas.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 56, do 24 de marzo de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 4.594.176,88 €.

5. Orzamento base de licitación: 2.088.262,22 €. Importe total: 2.526.797,28 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11 de xuño de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 13 de xullo de 2015.

c) Contratista: Centro de Atención de Llamadas, S.A. Contactnova, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 1.174.605,23 €. Importe total: 2.147.272,33 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza