Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de xullo de 2015 pola que se notifica a imposición dunha cuarta multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición (expediente IU1/78/2011-D1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 10 de abril de 2015, resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/20/2010 como consecuencia de incumprir o ordeado nas resolucións do 18.2.2011, 22.11.2011, 29.11.2011, 15.5.2013 e 13.2.2014, nas cales se ordena a demolición dun muro de contención de pedra, a retirada de entullos e residuos urbanos de obra, alterando a topografía do terreo, a súa rasante natural e a vertente natural das augas, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das actuacións, na parcela 24 do polígono 33 do concello da Laracha, no lugar Lagareira-Cendón, parroquia de Erboedo, no termo municipal da Laracha, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Preisberk de Construcciones, S.L., mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística