Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de xestión de servizo público para a explotación das estacións depuradoras de augas residuais da Illa de Arousa, Meaño e Ribadumia (clave OH.336.1093/XSP).

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augas.cmati.xunta.es/ .

Tipo de contrato: contrato administrativo de xestión de servizo público.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación.

Valor estimado do contrato: 16.658.198,70 euros. Inclúe o orzamento de licitación, así como os importes, previstos no contrato, correspondentes ás eventuais prórrogas contractuais e á opción de aboamento pola depuración e tratamento de maiores caudais de augas residuais e cantidade de residuos que os inicialmente estimados.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: xestión de servizo público.

Descrición: explotación das estacións depuradoras de augas residuais da Illa de Arousa, Meaño e Ribadumia (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1093/XSP.

CPV (referencia de nomenclatura): 65120000-0.

Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 247, do 26 de decembro de 2014.

Orzamento base de licitación: importe neto: 2.670.877,52 euros. Importe total: 2.937.965,27 euros.

Data de adxudicación: 16 de xuño de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 2.061.383,27 euros. Importe total: 2.267.521,60 euros.

Data de formalización do contrato: 25 de xuño de 2015.

Contratista: Espina Obras Hidráulicas, S.A.

3. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2015

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia