Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32123

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de licitación do contrato de subministración dun camión para reparación de fochas con rolo e remolque.

Mediante acordo da Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria, celebrada o día 9 de xullo de 2015, iniciouse o expediente de contratación seguinte:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Salvaterra de Miño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración dun camión para reparación de fochas con rolo e remolque.

c) Prazo de execución do contrato: catro meses.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Base ou tipo de licitación.

O orzamento que servirá de base de licitación ascende a 167.670,00 euros, que inclúe os tributos que graven a execución do contrato. Este prezo inclúe o 21 % do IVE, que ascende a 29.099,75 euros, e ten carácter limitativo, e non se poderá superar en ningún caso.

6. Garantía provisional:

Non se exixe.

7. Obtención de documentación e información:

Concello de Salvaterra de Miño, praza da Constitución, nº 1 (36450).

Páxina web: http://concellodesalvaterra.org. Poderán obter documentación e información ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

Teléfono: 986 65 81 26/986 65 80 82. Fax: 986 65 83 60.

8. Presentación de ofertas:

As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral) do Concello de Salvaterra de Miño, durante os 26 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP). Se o último día do prazo fose sábado ou día inhábil, o prazo rematará o inmediato día hábil seguinte.

Os pregos de cláusulas admnistrativas e técnicas serán publicados no perfil do contratante do Concello de Salvaterra de Miño. Poderá publicarse, así mesmo, aquela outra información ou documentación que sexa necesaria ou conveniente.

9. Criterios de adxudicación:

Son os establecidos na claúsula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Documentación que se vai presentar:

Véxanse as bases que rexen o contrato.

11. Apertura de proposicións:

O día de apertura de proposicións fixarase no perfil do contratante ou taboleiro de anuncios do Concello cunha antelación de, cando menos, dous días ao da súa celebración.

12. Gastos de publicidade: por conta do contratista adxudicatario.

Salvaterra de Miño, 13 de xullo de 2015

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde