Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dos contratos de servizo da asistencia pericial aos órganos da Administración de xustiza de Galicia (4 lotes).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de servizos.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SEXU 16-17-18-19-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22064

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo da asistencia pericial aos órganos da Administración de xustiza de Galicia (4 lotes).

c) División por lotes e número de lotes: catro.

Lote 1: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia da Coruña.

Lote 2: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Lugo.

Lote 3: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Ourense.

Lote 4: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Pontevedra.

d) CPV: 71319000-7. Servizo de peritaxe.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 12 de marzo de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato para os catro lotes: 512.396,70 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 256.198,35 €.

Importe total : 310.000,00 €, desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: 175.386,30 €.

Lote 2: 43.006,96 €.

Lote 3: 20.406,48 €.

Lote 4: 71.200,26 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: lotes 2, 3 e 4: 4 de xuño de 2015.

b) Data de formalización do contrato: lotes 2, 3 e 4: 30 de xuño de 2015.

c) Contratistas: lotes 2, 3 e 4: Taxo Valoración, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 2: 43.006,96 €.

Lote 3: 20.406,48 €.

Lote 4: 71.200,26 €.

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza