Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dos contratos de subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes, que dispoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (6 lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de subministracións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2015-SUEI 01 a 06-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21842

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes, que dispoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (6 lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

c) División por lotes e número de lotes: seis:

Lote 1: adquisición de 40 vehículos todo terreo tipo pick-up.

Lote 2: adquisición de 40 vehículos furgóns para transporte e loxística.

Lote 3: adquisición de 40 remolques para a atención ás emerxencias.

Lote 4: adquisición de 16 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate.

Lote 5: adquisición de 30 esparexedores de sal adaptados a remolques ou vehículos todo terreo.

Lote 6: adquisición de 20 remolques con carpas presurizadas para posto de mando avanzado.

d) CPV: Lote 1: vehículos todo terreo; 34114100-0. Vehículos de emerxencia; 34114110-3. Vehículos de salvamento: 34131000-4 Furgonetas con caixa aberta (pick-up).

Lote 2: 34115200-8 Vehículos de motor para o transporte de menos de dez persoas.

Lote 3: 34220000-5 Remolques, semirremolques e contedores móbiles.

Lote 4: 34522450-1 Embarcacións pneumáticas.

Lote 5: 34144420-8 Esparexadores de sal.

Lote 6: 34220000-5 Remolques, semirremolques e contedores móbiles.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 2 de xaneiro de 2015, BOE do 14 de xaneiro de 2015 e DOG do 21 de xaneiro de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato para os seis lotes: 3.726.400,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto para os seis lotes: 3.726.400,00 €.

Importe total para os seis lotes: 4.508.944,00 €. Desagregado do seguinte xeito:

Lote 1: 1.742.400,00 €.

Lote 2: 1.306.800,00 €.

Lote 3: 850.872,00 €.

Lote 4: 261.360,00 €.

Lote 5: 175.692,00 €.

Lote 6: 171.820,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: lote 4: 28 de abril de 2015.

b) Data de formalización do contrato: lote 4: 4 de agosto de 2015.

c) Contratista: lote 4: Vanguard Marine, L.D.A.

d) Importe de adxudicación: lote 4: 217.800,00 €.

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza