Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 1 de setembro de 2015 Páx. 35298

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 8 de xullo de 2015 pola que se convocan para o ano 2015 as subvencións a entidades locais para a mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 182/2004, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2015, a través da Resolución do 8 de xullo de 2015 (DOG núm. 129, do 10 de xullo), subvencións destinadas a entidades locais para a mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM).

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas subvencións ten un cofinanciamento do 80 % dos fondos Feder no programa operativo Feder (2007-2013), no eixe 6, tema prioritario 79.

O artigo 6 da Resolución do 8 de xullo de 2015 establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes, e indica que a presentación das solicitudes se realizará unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Así mesmo, no punto 3 do artigo 6 determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude.

A Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade, como órgano encargado da instrución do procedemento, revisou as solicitudes presentadas en prazo na sede electrónica da Xunta de Galicia ao abeiro da dita resolución e identificou tanto aquelas que non conteñen erros e dispoñen da documentación preceptiva como aqueloutras que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 8 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se a solicitude non reúne algún dos requisitos establecidos na convocatoria o órgano instrutor requirirá as entidades solicitantes para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59, 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, os citados requirimentos de emenda se poderán facer ben a través de notificación individualizada ou ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada, e tamén se publicitarán na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade, preferentemente a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.es ou ben por calquera dos medios dispostos no artigo 20 da resolución de convocatoria.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2015

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO
Relación de solicitudes suxeitas a emenda

Código do expediente

Solicitante

NIF

Documentos reclamados

SI427D 2015/005

Concello de Burela

P2706800F

Anexo III.

SI427D 2015/019

Concello de Ponte Caldelas

P3604300H

Anexo III.

SI427D 2015/021

Concello de Muros

P1505400J

1º. Indíquese o número de persoas adscritas ao CIM (non figura no anexo I).

2º. Anexo II: deberán desagregar os importes de cada un dos conceptos correspondentes ao equipamento informático.

SI427D 2015/026

Concello de Ortigueira

P1506200C

Anexo III.

SI427D 2015/027

Concello de Vilalba

P2706500B

Anexo II: deben desagregar os conceptos e importes do mobiliario.

SI427D 2015/030

Concello de Ferrol

P1503700E

Anexo III.

SI427D 2015/031

Concello de Valga

P3605600J

Anexo II: deberán desagregar os importes de cada un dos conceptos correspondentes ao equipamento informático.

SI427D 2015/032

Mancomunidade do Salnés

P3600041B

1º. Indíquese o número de persoas adscritas ao CIM (non figura no anexo I).

2º. Anexo II: deberán desagregar os importes de cada un dos conceptos correspondentes ao equipamento informático.

SI427D 2015/035

Concello de Ponteareas

P3604200J

Anexo III.

SI427D 2015/036

Concello de Vilagarcía

P3606000B

Anexo II: deberán desagregar os importes de cada un dos conceptos correspondentes ao equipamento informático.

SI427D 2015/040

Concello de Carballo

P1501900C

1º. Anexo II: deberán desagregar os conceptos dos gastos correspondentes aos equipos informáticos e ao equipamento de oficina e mobiliario.

2º. Os importes totais das facturas pro forma achegadas non coinciden cos importes do investimento que figuran no anexo II. Para que se poidan valorar deberán coincidir os ditos importes.

SI427D 2015/041

Concello de Soutomaior

P3605300G

1º. Indican que a solicitude pertence a un CIM con xestión compartida, cando figuraba con xestión individual na convocatoria dos CIM do ano 2014 (artigo 5.4).

2º. Anexo II.

3º. Os importes totais das facturas pro forma achegadas non coinciden co importe total do investimento que figura no anexo I. Para que se poidan valorar deberán coincidir os ditos importes.

SI427D 2015/042

Concello de Ames

P1500200I

Os importes totais das facturas pro forma achegadas non coinciden cos importes do investimento que figuran no anexo II. Para que se poidan valorar deberán coincidir os ditos importes.

SI427D 2015/043

Concello de Avión

P3200500A

Anexo II: deberán desagregar o concepto do gasto correspondente ao equipo informático.

SI427D 2015/045

Mancomunidade Terra de Celanova

P8202502D

Anexo II: non coincide o concepto de gasto correspondente ao nº de cadeiras co reflectido na factura pro forma.

SI427D 2015/054

Concello do Grove

P3602200B

1º. Anexo I: deben acreditar a representación para presentar a solicitude.

2º. Os importes totais das facturas pro forma achegadas non coinciden cos importes do investimento que figuran no anexo II. Para que se poidan valorar deberán coincidir os ditos importes.

SI427D 2015/055

Concello de Lalín

P3602400H

Deben acreditar a representación para presentar a solicitude.

SI427D 2015/056

Concello de Redondela

P3604500C

Anexo III.

SI427D 2015/059

Concello de Maceda

P3204400J

Anexo III.

SI427D 2015/064

Concello de Pontevedra

P3603800H

1º. Indíquese o número de persoas adscritas ao CIM (non figura no anexo I).

2º. Acredítese a representación para presentar a solicitude.

3º. Anexo III.