Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 1 de setembro de 2015 Páx. 35302

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 6 de agosto de 2015 polo que se recoñece a condición de comunidade galega a varias entidades galegas asentadas fóra de Galicia.

O Consello da Xunta, na súa reunión do día seis de agosto de dous mil quince, adoptou o acordo polo que se recoñece a condición de comunidade galega a varias entidades galegas asentadas fóra de Galicia.

Sendo necesario proceder á publicación do devandito acordo, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 66/2014, do 23 de maio, polo que se regula o recoñecemento e revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento,

RESOLVO:

Darlle publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do día seis de agosto de dous mil quince, que figura como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2015

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

O Consello da Xunta, na súa reunión do día seis de agosto de dous mil quince, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. En virtude do establecido no artigo 9 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, e no artigo 8 do Decreto 66/2014, do 23 de maio, polo que se regula o recoñecemento e revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento, por proposta da Secretaría Xeral da Emigración, logo dos informes favorables da persoa encargada do Rexistro da Galeguidade e da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, recoñécese a condición de comunidade galega ás seguintes entidades:

Asociación Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona e Provincia.

Asociación Cultural As Xeitosiñas, Grupo de Banda de Gaitas de Zürich (Suíza).

Centro Galego de Nürnberg E.V. (Alemaña).

Sociedad La Aurora de Somoza (A Habana-Cuba).

Unión de Asociacións Galegas en Catalunya (Uagalcat).

Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña: Agarimos de Badalona, Asociación Amigos de San Froilán, Rosalía de Castro de Cornellá e Casa Galega de Hospitalet.

Segundo. Autorizar a Secretaría Xeral da Emigración para publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia.