Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica a declaración de caducidade do procedemento de reintegro do expediente PF 2009/000071, regulado na Orde do 23 de setembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 192, do 30 de setembro).

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución de declaración de caducidade do procedemento de reintegro do expediente PF 2009/000071, relativo á subvención concedida mediante resolución da Dirección Xeral de Formación e Colocación do 15 de decembro de 2009.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días, contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2015

P.D. (Disposición adicional primeira Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Entidade: Federación de Autónomos para o Fomento da Formación (AFFEC).

Enderezo: r/ Príncipe de Vergara 56-baixo 3, 28006 Madrid.

Nº de expediente: PF 2009/000071.

Data da resolución de caducidade do expediente de reintegro: 14 de abril de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 25 da Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento (DOG nº 192, do 30.9.2009), e artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.