Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolución de expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que figura no expediente que consta nesta xefatura territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no articulo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Traballo e Benestar, rúa Concepción Arenal, nº 8-1ª andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente, para os efectos de coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a vernes laborais e en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

– Nº de expedientes: 2014/80-2 – 2014/85-2 e 2014/307-5.

– Interesados: Manuel Marinho de Carvalho e Vera Lucía Mendes Leite.

– Enderezo: descoñecido.

– Asunto: notificación dunha resolución administrativa con data do 16 de marzo de 2015.

Vigo, 27 de agosto de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo