Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 2 de setembro de 2015 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no acordo de inicio do procedemento sancionador de taxa láctea STL 8/2015.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio do procedemento sancionador de taxa láctea STL 8/2015, quen poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acordo de inicio entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: STL 8/2015.

Interesado: Soc. Coop. Ltda. Fenaval.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento sancionador de taxa láctea.

Último enderezo coñecido: lugar de Broño s/n, Lago, 15551 Valdoviño, A Coruña.