Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de somatropina (expediente MI-SER1-15-004).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º Dependencia: Servizo de Contratación.

2º Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º Teléfono: 881 54 27 87.

5º Telefax: 881 54 27 62.

6º Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

7º Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 14 de outubro de 2015.

d) Número de expediente: MI-SER1-15-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de somatropina.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/7.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33600000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

Oferta económica

Criterios de servizo

90

10

4. Valor estimado do contrato: 8.299.200 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 3.192.000 euros. Importe total: 3.319.680 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación do lote, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 14 de outubro de 2015.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 1 mes contado desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, ver número 26 da folla de especificacións.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de agosto de 2015.

12. Outras informacións: si, ver número 28 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos