Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37102

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a modificación da ordenación detallada do sistema xeral-dotacional 1.

O Concello Pleno, na súa sesión do 19 de agosto de 2015, previos os informes e trámites preceptivos, aprobou definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a modificación da ordenación detallada do sistema xeral – dotacional – 1 (estadio municipal), redactado polo arquitecto municipal Manuel Sanmartín Chao, o 22.10.2014, así como o seu anexo de data de xaneiro de 2015 (estudo de tráfico e acceso desde a N-640), e o documento complementario ao nomeado anexo, do mesmo autor (do 19.1.2015).

Este acordo é obxecto de comunicación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo). Dáse traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento definitivamente aprobado, con todos os planos e documentos que integran o plan especial (e anexos complementarios) sobre os que recaeu aquel, debidamente dilixenciados pola Secretaría municipal, facendo constar o dito aspecto.

O acordo pon fin á vía administrativa e contra el pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte a aquel en que se practique a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia ou, se é o caso, da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

A Estrada, 4 de setembro de 2015

José C. López Campos
Alcalde-presidente