Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de setembro pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria e publicación urxente, para a contratación do servizo de formación teatral e organización de mostras de teatro nos campus desta universidade (expediente 324/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es.

• Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga.

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 324/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de formación teatral e organización de mostras de teatro nos campus da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: dous lotes.

• Lote 1: Campus de Vigo.

• Lote 2: campus de Ourense.

d) Lugar de execución/entrega: os centros e instalacións da Universidade de Vigo, sen prexuízo de que algunha das actividades se poida desenvolver noutros espazos. Con todo, o material e a infraestrutura que sexa preciso utilizar para desenvolver as actividades serán achegadas pola empresa adxudicataria.

e) Prazo de execución: un ano a partir do mes de outubro de 2015, ou desde o día seguinte ao da sinatura do contrato se esta última data é posterior, prorrogable por outro ano máis. A prórroga formalizarase de mutuo acordo por ambas as dúas partes antes de que remate o período de vixencia inicial.

f) Admisión de prórroga: si.

g) C.P.V.: 90.01.10: servizos das artes escénicas.

h) C.P.A.: CPA: 92312110-5: servizos artísticos de produtores de teatro.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares:

• Prezo da oferta (automática): 60 puntos.

• Calidade da oferta técnica (xuízo de valor): 16 puntos.

• Metodoloxía que se empregará para elaborar os informes de seguimento e da documentación que se deberá entregar referida ás actuacións desenvolvidas, así como a súa periodicidade e exhaustividade (xuízo de valor): 8 puntos.

• Outras melloras directamente vinculadas co obxecto cultural do contrato (xuízo de valor): 8 puntos.

• Calidade das actividades propostas que se vai desenvolver en relación coa sensibilización social e da comunidade universitaria (xuízo de valor): 8 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 112.622.72 euros.

5. Importe de licitación: 56.311,76 euros.

• Lote 1. Importe neto: 14.070,00 euros. Importe total: 16.520,70 euros.

• Lote 2. Importe neto: 42.241,36 euros. Importe total: 49.845,04 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVA.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica-profesional: a que se indica, respectivamente, nos números 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres: A, B (tamén debe incluírse copia idéntica da memoria en soporte dixital no formato PDF) e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais; baixo. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente 1.500 euros.

Vigo, 9 de setembro de 2015

P.D. (Resolución 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo