Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 18 de setembro de 2015 Páx. 37111

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro e segundo cuadrimestres do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro a agosto do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

1. Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2015.

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e Reganosa para o fomento do gas natural licuado como combustible marítimo.

9.3.2015

222.223,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Semana Verde de Galicia para a celebración da primeira edición da Feira de Enerxía.

23.3.2015

66.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia.

24.3.2015

37.953,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o mantemento do censo catastral mineiro.

24.3.2015

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Faro de Vigo, S.A.U., editora do xornal El Faro de Vigo, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía.

27.3.2015

59.781,25 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía.

27.3.2015

27.034,83 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Editorial Compostela, S.A., editora do xornal El Correo Gallego, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía.

27.3.2015

11.803,94 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Voz de Galicia, S.A., editora do xornal La Voz de Galicia, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía.

27.3.2015

114.802,84 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Ourense para a mellora da praza de Abastos nº 1 de Ourense.

30.4.2015

98.718,06 €

2. Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015.

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.

6.5.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a mellora de instalacións do Mercado de Abastos, 2ª fase.

8.5.2015

745.704,80 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Centro Tecnológico de Eficiencia y Sostenibilidad Energética (Energylab) para a realización dun plan demostrativo para o estudo do potencial de valorización de residuos agrogandeiros.

3.6.2015

115.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Instituto Feiral da Coruña, para o financiamento de gastos relativos á realización de actividades de promoción, no recinto feiral Expocoruña da cidade da Coruña.

17.6.2015

27.624,78 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade editorial La Capital, S.L., editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e DxT para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

29.6.2015

10.471,24 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, para o financiamento de gastos relativos á realización de actividades de promoción, no recinto feiral da Finca Sevilla da cidade de Ourense.

30.6.2015

73.400,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, para o financiamento de gastos relativos á realización de actividades de promoción no recinto feiral da localidade da Estrada.

30.6.2015

47.246,49 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Instituto Feiral de Vigo, para o financiamento de gastos relativos á realización de actividades de promoción, no recinto feiral Instituto Feiral da cidade de Vigo.

30.6.2015

28.875,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e que resulten de interese para a cidadanía.

6.7.2015

17.705,91 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizados para a realización dun plan de inspección en materia de seguridade industrial en 2015.

9.7.2015

300.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

22.7.2015

600.000,00 €