Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 22 de setembro de 2015 Páx. 37356

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 8 de setembro de 2015 pola que se convoca, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, un curso medio de linguaxe administrativa galega para o persoal que preste servizos na Administración autonómica de Galicia.

Advertido erro na dita resolución publicada no DOG núm. 176, do 15 de setembro de 2015, cómpre facer a seguinte rectificación:

No ordinal noveno na páxina 36708, onde di:

«Profesorado

A Secretaría Xeral de Política Lingüística designará o profesorado encargado de impartir os cursos entre as persoas que figuren na súa lista de profesorado colaborador para impartir cursos de galego»,

Debe dicir: «Profesorado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, designará o profesorado encargado de impartir os cursos de entre as persoas que estean na situación de execución provisional da sentenza e/ou firme, realizando todos os trámites legais necesarios para a súa contratación, que se realizará segundo a modalidade contractual que, en cada caso, sexa pertinente».