Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 22 de setembro de 2015 Páx. 37355

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 8 de setembro de 2015 pola que se convoca un curso medio de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma.

Advertido erro na resolución publicada no DOG núm. 176, do 15 de setembro de 2015, cómpre facer a seguinte rectificación:

No ordinal noveno na páxina 36699, onde di:

«Profesorado

A Secretaría Xeral de Política Lingüística designará o profesorado encargado de impartir os cursos entre as persoas que figuren na súa lista de profesorado colaborador para impartir cursos de galego»,

Debe dicir:

«Profesorado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, designará o profesorado encargado de impartir os cursos de entre as persoas que estean na situación de execución provisional da sentenza e/ou firme, realizando todos os trámites legais necesarios para a súa contratación, que se realizará segundo a modalidade contractual que, en cada caso, sexa pertinente».