Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 23 de setembro de 2015 Páx. 37586

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro

ACORDO do 1 de setembro de 2015 referente á convocatoria e ás bases para a provisión de diversas prazas en propiedade.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 211, do 14 de setembro de 2015, aparece publicada a convocatoria e as bases que deberán rexer a convocatoria e o proceso de provisión das seguintes prazas de persoal laboral fixo, incluídas na oferta de emprego público do exercicio 2015, polo procedemento de concurso-oposición libre:

– 1 traballador social: grupo B, subgrupo B.

– 1 administrativo: grupo C, subgrupo C1.

– 1 auxiliar: grupo C, subgrupo C2.

As instancias para solicitar tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, dirixidas ao presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no taboleiro de edictos da Mancomunidade.

Beade, 17 de setembro de 2015

Francisco José Fernández Pérez
Presidente da Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro