Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 8 de outubro de 2015 Páx. 39395

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación do servizo de formación e seguimento da campaña de compostaxe 2015.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servizo de formación e seguimento da campaña de compostaxe 2015, cun gasto autorizado de 30.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, ao cal que poderá accederse gratuitamente a través do perfil de contratante na web da deputación www.depourense.es. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se estime procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 28 de setembro de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense