Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 8 de outubro de 2015 Páx. 39394

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de rectificación do anuncio de contratación, por procedemento aberto, para a subministración de enerxía eléctrica en media e baixa tensión para as distintas instalacións e dependencias (expediente 15696-444).

O anuncio de contratación, por procedemento aberto, para a subministración de enerxía eléctrica en media e baixa tensión para as instalacións e dependencias do Concello de Vigo (expediente 15696-444) publicouse con datas do 13 de agosto de 2015 no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, do 17 de agosto de 2015 no Diario Oficial de Galicia e do 20 de agosto de 2015 no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, ese anuncio tamén foi publicado con data do 12 de agosto de 2015 no Diario Oficial de la Unión Europea.

Con motivo dunha rectificación de erros no dito expediente establécese como data de fin de prazo para a presentación de ofertas o día 29 de outubro de 2015 e a data de apertura de ofertas será o día 3 de novembro de 2015, ás 9.30 horas.

Vigo, 1 de outubro de 2015

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación