Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40007

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión para o ano 2015 á Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encomenda de xestión para o ano 2015, da Consellería de Economía e Industria á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa), coas seguintes características:

– Actividade: recuperación dos espazos afectados por explotacións mineiras en situación de abandono dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intrasubxectiva ao ter Tragsa a consideración de medio instrumental e técnico da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: ata o 31 de decembro de 2015; poderá extinguirse antes ou prorrogarse en función das dispoñibilidades orzamentarias.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas