Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 15 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de animais potencialmente perigosos ANP-LU-0045/2015-V.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no se taboleiro de edictos.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 15 de setembro de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: ANP-LU-0045/2015-V.

Interesada: Elena Corral Castro.

Acto notificado: iniciación.