Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2015/14-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Domicilio social: Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: LMTA, CT para canceira municipal.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 271 metros de lonxitude, con orixe nun apoio da LMTA existente na zona, propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A., e final no CT proxectado. Centro de transformación, sobre apoio HVH-13/1600, de 100 kVA con RT 20 kV/400 V, para subministración á canceira municipal, situada no lugar de Pinar do Rei, Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra