Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2015/134-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Narom Empresa Constructora, S.L.

Domicilio social: Santiago de Ribarteme, 36400 As Neves.

Denominación: LMT y CT en Atios.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor LA-56 de 40 metros de lonxitude, con orixe no apoio 15 da LMT ATI706 de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no apoio proxectado HV-1000/15, do cal continúa subterránea 6 metros, con conductor RHZ, ata o CT proxectado. Centro de transformación de 400 kVA, RT 15 kV/420 V, situado en Atios, polígono 56, parcela 7, O Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edicifio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 15 de setembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra