Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41527

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

Nas ditas listas provisionais non figura ningún/ningunha aspirante excluído/a.

As listaxes de aspirantes admitidos/as poderanse consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.funcionpublica.xunta.es) e estarán á disposición dos/das aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Información e Rexistro dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

Os/as aspirantes que non figuren nas listaxes de admitidos/as disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídos/as.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública