Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41525

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2.

As listaxes de aspirantes admitidos/as poderanse consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.funcionpublica.xunta.es) e estarán á disposición dos/das aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Información e Rexistro dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os/as aspirantes excluídos/as, así como aqueles que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídos/as.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso xeral.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Palacios Villalobos, Eulogio

52140779D

26

Cota específica base I.1.1.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Fandiño Viqueira, María Isabel

33296918W

15

Portela Pastrana, Javier Adolfo

35311229L

15

Rodríguez Sio, Beatriz

35561144Q

15

Vidal Viñas, María Elisabeth

52933106D

16

Código

Descrición

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

26

Documento xustificativo exención taxas con cotexo non válido