Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41521

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2.

As listaxes de aspirantes admitidos/as poderanse consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.funcionpublica.xunta.es) e estarán á disposición dos/das aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Información e Rexistro dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os/as aspirantes excluídos/as, así como aqueles que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídos/as.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso xeral:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Carrera Álvarez, Susana

32649278L

16, 20

Carreño Carreño, Amalia

34978457B

16, 20

Tinajero Vacas, Susana

02620479C

16, 20

Vázquez Pena, Eva María

32805956K

43

Cota específica base I.1.1:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Fernández Ares, María Teresa

33819316R

26

Mariño Pose, Víctor Alberto

52457095Y

15

Tejero Mundiña, Juan Carlos

32787141C

16

Código

Descrición

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

20

Taxas non aboadas

26

Documento xustificativo exención taxas con cotexo non válido

43

Desistencia da solicitude