Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41523

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1.

As listaxes de aspirantes admitidos/as poderanse consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.funcionpublica.xunta.es) e estarán á disposición dos/das aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Información e Rexistro dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os/as aspirantes excluídos/as, así como aqueles que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídos/as.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso xeral.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Brión Gago, Encarnación

33244055Q

14

Cousillas Anido, Marina Gabriela

32756752Z

43

Fernández Padín, Ana María

34949425M

16, 20

García Vallejo, Montserrat

34987825H

43

Gonzalves Carril, María Carmen

33256687K

16

López Olmedo, Carmen

50794167R

14

Portero Ramallal, María del Carmen

46899360Z

15

Cota específica base I.1.1.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Barja Campos, María Rocío

33348788F

16

Blanco Vallejo, Lucía

44825348G

16

Cameselle Méndez, Rosa María

36019777Y

15

Portela Pastrana, Javier Adolfo

35311229L

15

Varela Couceiro, María Concepción

32427737Z

15

Código

Descripción

14

Documento xustificativo exención taxas non válido

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

20

Taxas non aboadas

43

Desestimento da solicitude