Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 42020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do servizo de mantemento dos programas informáticos instalados nos laboratorios (expediente NB-EIC1-15-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: NB-EIC1-15-002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento dos programas informáticos instalados nos laboratorios da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Lote: único.

d) CPA (referencia de nomenclatura): 62.02.30.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 72540000-2.

f) Acordo marco (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado (suxeito a regulación harmonizada).

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 107.965,44 euros.

Importe total: 130.638,18 euros (incluído o 21 % do IVE).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30.6.2015.

b) Data de formalización do contrato: 15.7.2015.

c) Contratista: Siemens Healthcare Diagnostics, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación: lote único.

Importe neto: 107.965 euros.

Importe total: 130.637,65 euros (incluído o 21 % do IVE).

A Coruña, 30 de setembro de 2015

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña