Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 42018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de restauración do retablo da lactación ou de San Bernardo da igrexa do mosteiro de Santa María de Meira, en Meira (Lugo), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22770

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 107, do 9 de xuño de 2015.

2. Obxecto do contrato:

Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

Descrición: servizo de restauración do retablo da lactación ou de San Bernardo da igrexa do mosteiro de Santa María de Meira, en Meira (Lugo), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación: 24.500,00 euros, IVE excluído.

4. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 1 de outubro de 2015.

b) Data da formalización do contrato: 14 de outubro de 2015.

c) Contratista: Babelia, Conservación y Restauración de Bienes Culturales, S.L.

d) Importe de adxudicación: 20.300,00 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria