Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42264

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración e do servizo de instalación de kits de aula dixital para centros educativos no marco do proxecto Abalar, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 102/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración e servizo.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento microinformático (kits de aula dixital) para os centros educativos públicos, o servizo de instalación, configuración e posta en marcha a nivel de usuario dos devanditos equipamentos, e o servizo de instalación e configuración de puntos de acceso á rede corporativa nas aulas dos centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no marco do Proxecto Abalar.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 14.4.2015. Corrección erros: 20.5.2015.

DOUE: 11.4.2015.

BOE: 24.4.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 9.221.465,00 € (nove millóns douscentos vinte e un mil catrocentos sesenta e cinco euros), distribuídos segundo os lotes:

Lote 1: ordenadores portátiles: 1.816.500,00 €.

Lote 2: kits dixitais: 4.396.700,00 €.

Lote 3: servizo de instalación do equipamento de aula dixital: 694.215,00 €.

Lote 4: servizo de instalación de puntos de acceso á rede corporativa nas aulas dos centros educativos: 2.314.050,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Lote 1: ordenadores portátiles: 1.816.500,00 € + IVE (381.465,00 €) = 2.197.965,00 €.

Lote 2: kits dixitais: 4.396.700,00 € + IVE (923.307,00 €) = 5.320.007,00 €.

Lote 3: servizo de instalación do equipamento de aula dixital: 694.215,00 € + IVE (145.785,15 €) = 840.000,15 €.

Lote 4: servizo de instalación de puntos de acceso á rede corporativa nas aulas dos centros educativos: 2.314.050,00 € + IVE (485.950,50 €) = 2.800.000,50 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

– Lote 1: 5.8.2015.

– Lote 2: 5.8.2015.

– Lote 3: 5.8.2015.

– Lote 4: 3.9.2015.

b) Data de formalización do contrato:

– Lote 1: 11.9.2015.

– Lote 2: 11.9.2015.

– Lote 3: 11.9.2015.

– Lote 4: 7.10.2015.

c) Contratista:

– Lote 1: Tecnologías Plexus, S.L.

– Lote 2: Algoritmos, Procesos y Diseños, S.A.

– Lote 3: Balidea Consulting & Programming, S.L.

– Lote 4: Ute Tecnologías Plexus, S.L.-Ednon, S.L.

d) Importe de adxudicación:

– Lote 1: 2.197.311,60 € (IVE incluído).

– Lote 2: 5.318.787,32 € (IVE incluído).

– Lote 3: 617.100,00 € (IVE incluído).

– Lote 4: 2.224.854,96 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia