Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de evolución e mantemento do sistema de xestión interna integral da Axencia Turismo de Galicia (expediente 72/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento correctivo, adaptativo e desenvolvemento de novas funcionalidades no sistema de xestión integrado da Axencia Turismo de Galicia, para a súa adaptación aos novos requirimentos de xestión da Axencia, e a súa integración cos sistemas corporativos da Xunta de Galicia do eido da xestión económica e recursos humanos.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 13.7.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 204.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 102.000,00 €, máis 21.420,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 123.420,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 8.10.2015

b) Data de formalización do contrato: 16.10.2015.

c) Contratista: Nática Sistemas de Información, S.L.

d) Importe de adxudicación: 115.555,00 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia