Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015234AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 7 de outubro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015234AL-CO incoado a Hostecorba, S.L.U.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Hostecorba, S.L.U. o contido do dito acordo de inicio, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 4 de novembro de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2015234AL-CO.

Interesada: Hostecorba, S.L.U. (Cafetería Torre Esmeralda).

DNI/NIF/CIF: B15730328.

Derradeiro enderezo coñecido: Costa da Palloza, 3,15005 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 300 €.