Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015171AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 7 de outubro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2015171AL-CO incoado a Nilda Pereira Lago.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Nilda Pereira Lago o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 4 de novembro de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 2015171AL-CO.

Interesada: Nilda Pereira Lago (Maestros Carniceros Galegos, S.L.).

DNI/NIF/CIF: B70429709.

Último enderezo coñecido: San Vicente de Paul, 17, 15002 A Coruña.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007).

– Regulamento (CE) 853/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DOUE do 30 de abril de 2004).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo).

– Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos (BOE nº 57, do 8 marzo).

– Real decreto 1698/2003, do 12 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación dos regulamentos comunitarios sobre o sistema da etiquetaxe da carne de vacún, segundo redacción dada polo Real decreto 75/2009, do 30 de xaneiro, que modifica o Real decreto 1698/2003, do 12 de decembro, polo que se establecen as disposicións de aplicación dos regulamentos comunitarios sobre o sistema de etiquetaxe da carne de vacún (BOE nº 304, do 20 de decembro de 2003, BOE nº 27, do 31 de xaneiro de 2009).

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 300 €.