Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de xestión e soporte especializado dos catálogos de portais e presenza na internet (expediente 47/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de xestión e soporte especializado dos catálogos de portais e presenza na internet.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 26.6.2015.

DOUE: 24.6.2015.

BOE: 4.7.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.269.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 507.600,00 €, máis 106.596,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 614.196,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 8.10.2015.

b) Data de formalización do contrato: 5.11.2015.

c) Contratista: Balidea Consulting & Programming, S.L.

d) Importe de adxudicación: 571.202,28 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia