Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de outubro de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 26 de novembro de 2013, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa interesada ausente na repartición (expediente IU2/68/2012-X1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 18 de setembro de 2015, ditou resolución pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 26 de novembro de 2013, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se acordou dispoñer a execución subsidiaria da Resolución do 1 de marzo de 2005 á custa da obrigada, en relación coa construción dunha vivenda unifamiliar no lugar do Cerquiño, Budiño, no termo municipal do Porriño, Pontevedra, confirmando, en consecuencia, a resolución impugnada e alzando a suspensión do acto administrativo obxecto de impugnación consonte o artigo 111 da LRXPAC.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Concepción Ramilo Romero, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística