Expediente: IN407A 2014/168-1.
Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Instalación: LMTS, CT e RBT Arcebispo.
Concello: A Pobra do Caramiñal.
Feitos:
1. O 29 de outubro de 2014 o promotor solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica indicada.
2. Características técnicas:
– LMT subterránea a CT Arcebispo, a 20 kV cunha lonxitude de 964 m, coa orixe no paso aéreo-subterráneo proxectado no apoio de formigón existente do CT Devesa-Xobre (expte. 27.254) condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 1×240 Al e final no CT Arcebispo (proxectado).
– Centro de transformación prefabricado Arcebispo, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:
– Resolución información pública: 21.5.2015.
– DOG do 19.6.2015.
– BOP do 5.6.2015.
– Xornal La Voz de Galicia do 16.6.2015.
– Taboleiro de anuncios do concello: do 5.6.2015 ao 29.6.2015.
No certificado de exposición pública do concello non se indica que se formulasen alegacións.
4. No espediente non consta ninguna alegación.
5. Solicitouse o preceptivo informe aos seguintes organismos:
– Concello da Pobra do Caramiñal: consta informe favorable aceptado polo promotor.
– Deputación Provincial da Coruña: non consta informe, polo que se entende a conformidade coa instalación.
6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. Lexislación de aplicación:
– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).
– Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 194, do 9 de outubro).
– Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 140, do 24 de xullo), modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro (DOG núm. 183, do 25 de setembro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
2. Na visita de campo realizada para examinar o emprazamento da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
3. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 10, do 14 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 26 de outubro de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña