Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballeda de Valdeorras (expediente IN407A 2015/44-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Pizarras Valdacal, S.L.

Domicilio social: A Medua, s/n, Sobradelo, 32335 Carballeda de Valdeorras.

Denominación: LMT e CT para nave nas Forcadas-Valdacal.

Situación: Carballeda de Valdeorras.

Descricións técnicas:

LMT aerosubterránea a 20 kV de 1.258 m en aéreo, con condutor LA-56 e 5 m en subterráneo con condutor RV, con orixe na LMT existente de Unión Fenosa Distribución, S.A. e remate no CT proxectado prefabricado de 500 kVA e R/T 20.000/400-230 V, na nave As Forcadas-Valdacal-Riodolas.

Orzamento: 64.242,05 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 28 de outubro de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense