Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a titular do rexistro de produtor ES11323363 para ser notificada por comparencia no procedemento aberto para dar de baixa de oficio no Rexistro de Produtores de Sementes e Plantas de Viveiro (Prosemplan) e no Rexistro Oficial de Produtores, Comercializadores e Importadores de Material Vexetal (ROPCIV) o viveiro da súa propiedade.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase á interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa eficacia queda supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado pola xefa do servizo de Explotacións Agrarias.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6, baixo (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo, sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 9 de outubro de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: baixa no Prosemplan e no ROPCIV.

Interesado: Pilar Roca Varela.

NIF: 34959203P.

Acto de notificación: comunicación de procedemento de baixa.